Proxecto Cares

encabezado-cares

 

CARES ó día en…

Todas as novidades e avances do noso proxecto nas contas nas redes sociais LinkedIN, X/Twitter e na web https://caresgestionforestal.com.

¿Qué é o proxecto CARES?

CARES ten por obxectivo a creación e impulso de modelos de xestión conxunta de aproveitamento de resina, castaña e biomasa forestal residual para xerar novos postos de traballo de calidade e longa duración, vinculados co sector primario, ao mesmo tempo que contribúen a unha xestión forestal máis activa e sostible que reduza a vulnerabilidade destas masas ao risco de incendio.

CARES conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

¿Quénes o integran?

O consorcio está formado Fundación CETEMAS (coordinadora do proxecto), a Fundación Cesefor, o grupo de investigación PROePLA da Universidade de Santiago de Compostela (USC), PEFC España e a asociación de propietarios ‘Juntas de Montes de Asturias’ (JUMA).

¿Cómo vamos traballar?

Durante o desenvolvemento do proxecto preténdese transferir todo o coñecemento xerado nos últimos anos polos socios tecnolóxicos que participan no consorcio aos actuais modelos de xestión silvícola dos piñeirais atlánticos e en zonas especialmente despobladas onde coexisten con outros aproveitamentos forestais.

As principais líñas de traballo vertébranse en tres partes:

  • Transferencia de modelos innovadores e optimización do aproveitamento resinero para incentivar unha selvicultura activa e sostible no noroeste peninsular.

  • Creación de modelos técnico-económicos que permitan a combinación de diferentes aproveitamentos anuais complementarios entre si.

  • Divulgación dos principais resultados obtidos e formación integral dos modelos técnicos económicos xerados

 

VICE3+MTERD+FB+PRTR+NEXT_Sinbandera_Color

CARES: Castaña e resina como aproveitamento multifuncional para impulsar a xestión forestal activa e o desenvolvemento rural no noroeste peninsular