A USC, a través de PROePLA, coordina o proxecto europeo I-ReWater para avaliar o uso de auga rexenerada en cultivos de regadío do espazo SUDOE

5.02.2024

O proxecto I-ReWater foi aprobado na convocatoria Interreg Sudoe 2021-2027 e conta cun orzamento de máis de 2,2 M € financiados nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O obxectivo principal desta investigación aplicada de tres anos é preservar o capital natural para reforzar a súa adaptación ao cambio climático e promocionar unha xestión sustentable dos recursos hídricos.

Un consorcio multidisciplinar de 16 entidades de España, Andorra, Portugal e Francia, do que forma parte a USC, liderará o uso de auga rexenerada en cultivos de regadío no marco do proxecto “I-ReWater. Xestión sustentable dos recursos hídricos na agricultura de regadío no espazo Sudoe”, tal e como se denomina a rexión formada polo territorio da Península Ibérica, Principado de Andorra e Sur de Francia.

Máis información: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/campus-terra-avalia-auga-rexenerada-cultivos-regadio-espazo-sudoe-proxecto-rewater