O noso compañeiro Javier Cancela foi entrevistado xunto a outros expertos na edición dixital do world economic forum para falar do cambio climático e o cultivo do lúpulo. Destacou que “a primeira forma de adaptarse é utilizar mellor a auga“, ademais de sinalar que os agricultores europeos, que se enfrontan a unha pluviosidad cada vez máis escasa e errática, empezaron a despregar sistemas de rega por goteo máis eficientes, como os desenvolvidos en Israel, un país semiárido. “Poden obter produción [agrícola] coa mínima cantidade de auga posible”.
Pódese ler aquí o artigo completo.