Seminario online dos proxectos PLASMOWINE e REGAVID

16.06.2023

O vindeiro martes 4 de xullo, ás 10h, celebrarase un seminario online gratuíto sobre estratexias innovadoras para a xestión sustentable dos recursos nos viñedos. Na xornada presentaranse os Grupos Operativos galegos PLASMOWINE e REGAVID, este último participado por PROePLA,  cuxos contextos se enmarcan dentro desta temática. Representantes das entidades participantes en ambos os proxectos explicarán os traballos que están a realizar para cumprir cos obxectivos propostos.

O webinar contará cos relatorios de representantes das diferentes entidades galegas que participan en ambos os proxectos. Para o proxecto PLASMOWINE participarán xunto con Monet Viticultura, a Universidad de Vigo, a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, e a adega Viña Costeira. Pola súa banda, para o proxecto REGAVID participaremos xunto con Monet Viticultura e la bodega Martín Códax.

  • Cando: martes, 4 de xullo, ás 10h.
  • Onde: online, vía Teams.
  • Duración: 3h
  • Podes inscribirte aquí
  • Máis información
logos-ministerio-fundacionbiodiv-planrecuperacion-unioneurong