19.04.2023
Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e da Universidade de Parma (Italia) explorarán as potencialidades que ofrece o lúpulo no ámbito da cosmética e da nutracéutica, tal e como se puxo de manifesto este martes durante a visita realizada á sede universitaria luguesa por unha delegación de produtores de lúpulo do Norte de Italia liderada polo profesor e investigador da Universidade de Parma Tommaso Ganino. O obxectivo desta visita responde ao interese da comitiva italiana por coñecer de primeira man as investigacións desenvolvidas e o traballo que está a realizar o grupo PROePLA ao abeiro do Grupo Operativo Lúpulos de Calidade, un consorcio creado en 2018 e no que un equipo coordinado por Javier J. Cancela colabora con outras sete entidades de tres comunidades autónomas.
Máis información no xornal da USC: http://www.usc.gal/gl/xornal/novas/investigadores-campus-terra-universidade-parma-exploran-posibles-usos-lupulo-ambito-cosmetica-nutraceutica e no boletín de noticias de RNE5, do día 19/4/ 2023, do que poñemos o corte: