Aplicación das novas tecnoloxías para unha xestión eficiente da auga no sector agrario galego.

21.10.2024

A formación combinará sesións teóricas, nas que se incluirá a presentación de casos de éxito, e sesións de carácter práctico, con visitas a agroindustrias e parcelas con sistemas de monitorización. Abordaranse os seguintes temas:

  • Marco conceptual e normativo da auga na agroindustria e campo galego
  • Economía circular da auga
  • Sensorización dos procesos, produtos e servizos nas pemes
  • Monitorización das captacións de auga, sistemas de rega e retornos de rega nos cultivos regados
  • Reutilización de augas rexeneradas
  • Explotación e manexo de datos

A formación será impartida por Tomás S. Custa, Teresa Teijeiro e Javier J. Cancela, enxeñeiros agrónomos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Máis información no seguinte enlace.