Xornada sobre produción de lúpulo

O 20 de febreiro terá lugar a primeira sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción de lúpulo, organizada pola Asociación Galega de cooperativas agroalimentarias (AGACA). Nela Javier Cancela, membro de PROePLA, falará de “A auga, a rega e o uso de auga rexenerada no cultivo de lúpulo” dentro do proxecto I-Rewater.

Os interesados en participar nelas poden obter máis información e inscribirse en: https://agaca.coop/jornadalupulo/