As Xornadas PROePLA cumpren 10 anos.


No ano 2015 o grupo de investigación PROePLA comenzaba a organización das actividades de divulgación e transferencia tituladas “Xornadas PROePLA”. Ó longo deste período organizáronse un total de 12 xornadas nas cales, ó longo dun día, se debatíron propostas e se aportaron solucións para os principais desafíos ós que se enfrentaban os sectores agrarios galegos.

Iniciamos unha nova etapa na cal pretendemos dar aínda máis protagonismo ós sectores e polo tanto partimos de preguntarlles cal debe ser o tema a debatir neste aniversario. Para elo, mediante a enquisa dispoñible neste enlace, queremos seleccionar ó longo dunha semana o tema da Xornada PROePLA 2025.

Na enquisa, propoñemos estas 10 alternativas e deixamos aberta a opción de outras.

  • Cal é o camiño do rural galego.
  • Os servizos ecosistémicos
  • Os mercados do carbono.
  • Moratoria do eucalipto.
  • Patoloxía dos piñeiros.
  • Precios e mercados do leite.
  • O futuro da PAC e o DR no novo contexto mundial.
  • Altri.
  • Frondosas autóctonas como alternativa.
  • Cambio climático e produción agraria.
  • Outro (indicar)

Unha vez seleccionado o tema iremos informando de como incorporarse ó debate, o cal queremos que sexa o máis interactivo e técnico posible para que faga avanzar ós sectores agrarios, á sociedade e ó territorio de Galicia.