Finalizado o prazo establecido para a recollida de opinións de cal debería de ser o tema das
Xornadas PROePLA na súa X edición, a opción escollida cun 68% dos votos foi “A moratoria do
eucalipto“, seguido pola “Patoloxía dos piñeiros” e “Altri”.
Como ven sendo tradición, será a mediados do mes de setembro cando se desenvolva esta xornada
PROePLA sobre a moratoria do eucalipto. Gustaríanos que, ó longo destes meses de maio e xuño, todas aquelas persoas ou entidades que desexen participar aportando datos, información ou ideas que consideren relevantes a tratar no las fagan chegar ó correo actividades@proepla.com ou no teléfono 982823248.
No mes de xullo anunciarase o programa definitivo da xornada “A Moratoria do Eucalipto” que terá
como sede para a súa realización a Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC en Lugo.
