Anótate á Xornada Técnica do Grupo Operativo PRERIVID.

O Grupo Operativo Supraautonómico PRERIVID celebrará, o martes 11 de marzo de 10:00-13:30h, unha Xornada Técnica gratuíta en formato híbrido (presencial/en liña) para dar a coñecer os últimos avances do proxecto “Predición de necesidades hídricas do viñedo para un uso sostible da auga de rega”.  Este consorcio nace en 2024 co fin de facer fronte aos retos que expón o cambio climático na produción de uva e viño.


Inscripción presencial neste enlace.

Inscripción online neste enlace.