21.10.2024

A formación combinará sesións teóricas, nas que se incluirá a presentación de casos de éxito, e sesións de carácter práctico, con visitas a agroindustrias e parcelas con sistemas de monitorización. Abordaranse os seguintes temas:
- Marco conceptual e normativo da auga na agroindustria e campo galego
- Economía circular da auga
- Sensorización dos procesos, produtos e servizos nas pemes
- Monitorización das captacións de auga, sistemas de rega e retornos de rega nos cultivos regados
- Reutilización de augas rexeneradas
- Explotación e manexo de datos
A formación será impartida por Tomás S. Custa, Teresa Teijeiro e Javier J. Cancela, enxeñeiros agrónomos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Máis información no seguinte enlace.