Expresión gráfica

Na Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría hai dúas liñas de investigación diferenciadas. A primeira, que ten que ver coa restauración do patrimonio, céntrase no levantamento xeométrico e na análise de bóvedas de fábrica. A segunda liña vai enfocada ao estudo de aplicacións do deseño paramétrico á Enxeñaría Civil e Agroforestal.
Así, vénse dirixindo varios proxectos de restauración, entre os que se encontran os das igrexas de Santa Mariña Dozo en Cambados, San Martiño de Noia, e San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela. Tamén se participou en proxectos de restauración na catedral de Mondoñedo e nas Termas Romanas de Lugo.