A área de Hidráulica do GI-1716, ten traballado desde as súas orixes para acadar unha Xestíón Ecosistémica dos recursos hídricos, co obxectivo de obter unha boa estimación dos recursos existentes e unha planificación adecuada para equilibrar as necesidades de auga coa conservación dos ecosistemas naturais.
Ademáis, os traballos nesta área, tamén se relacionan coa xestión da auga en múltiples aspectos e ulteriores aplicacións: auga no solo e xestión da auga de rega, estudio e modelación da hidroloxía superficial e subterránea, planificación de zonas regables, xestión de augas residuais no medio rural, aplicación de técnicas xeofísicas ao estudio da auga do sub-solo, erosión hídrica, sistemas de franqueo para a ictiofauna, entre outras.