Cata de Cervexas Experimentais – Cafeteria EPSE-Campus Terra – Lugo – 10 Abril

Vimos por este medio anunciar a celebración dunha actividade de degustación de cervexas elaborados por LU.TE.GA na contorna do proxecto I-ReWater (Interreg SUDOE) , en colaboración con Lúpulos del Bierzo, SAT Lúpulos de León, GESTAGUA, Fundación Juana de Vega, e o grupo de investigación PROePLA (USC-Campus Terra).

A actividade organizase en catro quendas de 20 min aprox., onde se presentará a orixe do produto empregado para a elaboración da Cervexa, en especial o lúpulo, así como os principais aspectos do proxecto I-ReWater que aborda o estudo dos efectos da auga rexenerada na rega dos cultivos, como o lúpulo en Abegondo (A Coruña) e Cubillos del Sil (León).


Rexistro

Para poder garantir a participación requírese anotarse neste enlace, indicando un máximo de dúas preferencias horarias para a súa participación.

Os grupos pecharanse con 15 persoas por quenda de Cata. A selección farase por orde de inscrición e quenda, ata cubrir as prazas. Inscrición abertas ata o 8 de abril.

Enviarase por e-mail confirmación de asignación de quenda.