13.10.2023
O Grupo de Investigación PROePLA en colaboración coa Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) e coa financiación da Vicerrectoría de Organización Académica do Campus de Lugo e a Deputación de Lugo organiza o primeiro ciclo de conferencias “Balanceando CO2 + H2“, no cal diferentes expertos expoñerán os desafíos relativos á transición enerxética, á captación de emisións de carbono, á utilización o hidróxeno coma combustible para a mobilidade e finalmente como a intelixencia artifcial pode contribuír a un transporte máis sostible.
Este ciclo de 4 conferencias realizaranse os xoves, ás 5 da tarde, na sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior, entre os días 19 de outubro e 9 de novembro.