O Grupo Operativo Supraautonómico PRERIVID celebrará, o mércores 9 de abril de 10:00-13:30h, un taller demostrativo en formato presencial (Quinta de Couselo, O Rosal, Pontevedra) para dar a coñecer os últimos avances do proxecto “Predición de necesidades hídricas do viñedo para un uso sostible da auga de rega”.
Este consorcio nace en 2024 co fin de mellorar a xestión da auga de rega a través dunha ferramenta dixital que integre datos da vexetación activa, a humidade do chan, os manexos culturais, a meteoroloxía local, e a climatoloxía.