Presentación de resultados do Plan Integral para o aproveitamento agronómico do Ragadío do Val de Lemos

04.11.2024

A confederación hidrográfica do Miño – Sil apostaba polo futuro do regadío do Val de Lemos e así o 3 de Maio de 2022 o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o reitor da USC, Antonio López, asinaban o convenio de colaboración que permitiría redactar o “Plan integral de aproveitamento agronómico do regadío no Val de Lemos (Monforte de Lemos – Lugo)”, dando así un paso máis na evolución do devandito regadío.

O mércores 30 de outubro realizouse unha presentación dos resultados do plan á prensa, na que o presidente da CHMS, xunto con Manuel Marey, cooordinador do grupo Proxectos e planificación GI 1716 que participou no plan, expuxeron as principais conclusións obtidas:

  • “A finalización dun Plan Integral para o aproveitamento agronómico supón un fito na historia desta problemática que vén de antigo” explicou o presidente.
  • “Os problemas detectados parten da falta de actividade agraria actual e da necesidade dunha concentración parcelaria que sustente a rendibilidade do regadío, porque non esquezamos que se hai auga hai futuro” engadiu Quiroga.
  • A situación xurídica e competencial do regadío esixe a colaboración das institucións e o impulso decidido da comunidade de regadores.
  • “Estamos nunha zona do noroeste de España onde hai clima, terra e auga, que ofrecen posibilidades, así pois, a Xunta de Galicia e máis concretamente a Consellería do Medio Rural, non pode seguir esquecendo por máis tempo o regadío do Val de Lemos” ha concluído Quiroga.

Máis información na páxina web da confederación hidrográfica.


Noticias


La Voz de Galicia:

El Progreso:

21 Noticias:


Entrevista en RNE


Escoitaa aquí:


Ou ben, a través da súa páxina web neste enlace (a partir del minuto 3:25).