13.09.2024
A casa da Cultura de Cangas de Narcea acolleu o 12 de setembro de 2024, nas modalidades PRESENCIAL e EN LIÑA, a Xornada Técnica de Presentación do proxecto CARES.
Os asistentes puideron coñecer como o aproveitamento da castaña, a resina e a biomasa de piñeiros resinados permitirá impulsar a xestión forestal activa, o desenvolvemento rural e a prevención de incendios no noroeste peninsular.
Unha xornada retransmitida en directo por Youtube e cuxo vídeo tes á túa disposición a continuación, comezado pola intervención de Manuel Marey, catedrático da área de proxectos e coordinador do grupo PROePLA.
