Proyecto castañal

Concesión de proxecto de investigación

logo2

Título: “MANEXO SOSTIBLE DA VARIEDADE TINTA CASTAÑAL: ESTRATEXIAS DE MANEXO FRONTE AO OIDIO)” (FEADER 2018/032B).

Entidades Participantes: Señorio de Rubios SL, Viñas e Terras do Pazo SL, Instituto Gallego de Calidad Alimentario (INGACAL), Universidade de Santiago de Compostela – USC.

Duración: febreiro 2018 a outubro 2020

Financiación: Orzamento 99.356,05€ subvencionado ao 100% e financiado 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % con fondos de MAPAMA

O proxecto de innovación titulado “Manexo sostible da variedade tinta ‘Castañal: estratexias de manexo fronte ao oidio” está liderado pola empresa Señorio de Louros e busca resolver a problemática actual detectada, con respecto á incidencia de Oídio na variedade de Tinta Castañal, que determina serias diminucións produtivas e cualitativas, limitando o seu potencial enolóxico e a estabilidade da súa explotación a medio e longo prazo. Plantéxanse técnicas de manexo e selección de clons, na procura da mellor estratexia de produción cara ao futuro. Os resultados amosan que a utilización de esfollado precoz e desnetado favorecen a calidade dos mostos e diminúen a incidencia de oídio. As prospeccións realizadas na zona da Roseira permitiron seleccionar clons con potencial para a produción, presentando un deles menor sensibilidade ao oídio.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e FEADER (Fondo Europeo de Agricultura para o Desenvolvemento Rural) no marco do PDR (Programa de Desenvolvemento Rural) de Galicia 2014-2020, a través do programa de axuda para a execución de proxectos dos grupos operativos da AEI. (Asociación Europea da Innovación).

 

castanal