11.10.2023
PROePLA organiza o vindeiro mércores 25 de outubro a xornada Retos do sector lácteo.
O encontro, no que se analizará o sector desde o punto de vista das gandarías e as empresas que lles prestan servizos, contará coa participación de Abanca, Alltech, Aresa e Innogando. Os relatorios comezarán ás 9:30 horas e abordaranse os retos de financiamento, sustentabilidade, produción e innovación do sector.
As charlas da mañá serán no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, con entrada libre e gratuíta. Pola tarde levará a cabo unha visita a Granxa Gayoso Castro, para a que se habilitará un autobús até completar as prazas.
Máis información no tríptico